Cando vostede acceda ao formulario Contacto e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL ou aquela das sociedades do grupo GADISA RETAIL ás cales se dirixe a mensaxe (Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados e Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.), para cumprir coa finalidade descrita.
Finalidade: Atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación, así como a posibilidade de solicitar a visita dun dos nosos comerciais co fin de mellorar a atención ao cliente. Calquera cliente ou usuario poderá poñerse en contacto coas empresas do grupo GADISA RETAIL.
Categoría de datos:
Datos persoais: nome, e-mail.
Datos de contacto: teléfono, razón social.
Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.
Prazos de conservación: Os datos persoais que se obteñan a través do formulario de Contacto conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación. Cumprida a finalidade, os datos serán destruídos.
Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, salvo ás sociedades do grupo GADISA RETAIL, para cumprir coa finalidade descrita.